Resumo

Rematada a Pescadería Fotográfica, vos deixamos un primeiro video resumo con algúns momentos da expo e das actuacións.

Moitas grazas por vir!

 
 
Ventas

Para mercar calqueira das fotos expostas, seguen ao mesmo prezo que tiveron na Expo (50 €) nun tamaño de 30 x 40 cm en papel de alta calidade. So tedes que enviar en e-mail desde o formulario de contacto dicindo o nome do fotógrafo e o número de fotografía da súa galería e vos poñeremos en contacto có autor.

Saúdos! 

 
 
A idea

A Pescadería Fotográfica nace despois de falar entre compañeiros fotógrafos e non fotógrafos, polo tanto é un proxecto de todos. Éste xurde co obxectivo de compartir; compartir imaxes entre fotógrafos, compartir imaxes co público, compartir experiencias todos con todos,  así pois, non é un exercicio endogámico, senón unha maneira de compartir co público as moitas e variadas fotografías que fan fotógrafos de Galicia.

Sería obvio dicir que un fotógrafo camiña coa súa cámara para “pescar” unha imaxe, pero tamén pódese dicir que os grandes pescadores teñen un “gran ollo” á hora de pescar.

Unha vez un gran pescador dixo: “Se non sabes mirar o mar, non sabes pescar”.

Por qué os fotógrafos substitúen ás pescadeiras para amosar os seus traballos nunha pescadería: 

  • Porque estamos en tempos de crise, en tempos de reinventar e compartir.
  • Porque entre todos podemos dicir máis alto as inxustizas que sofren os fotógrafos no mercado.
  • Porque esta sociedade edúcanos cada vez mais para competir, e dende a Pescadería preténdese compartir co público os traballos de fotógrafos máis noveis ata os máis consagrados.    
  • Porque existe unha euforia social e económica á hora de construír grandes centros comerciais e os fotógrafos somos xente de barrio. Pensamos que os mercados deberían ser populares e iguales para todos, pedimos o respecto para os negocios familiares, coma os nosos.
  • Porque os fotógrafos sempre están trala súa cámara e poucas veces acompañan os seus traballos en público.

Polo tanto, este proxecto non é un concurso, nen unha certame, non ten ningún carácter competitivo. É unha xuntanza para gozar e compartir, onde todos somos iguais e o público asistente pode charlar cos fotógrafos e mercar, nun prezo moi asumible, unha ampla variedade de traballos de todos os estilos.

Gabriel Tizón
Coordinador do proxecto

 
   
A forma

Cando Mercamos na Praza buscamos, o primeiro, calidade, despois, a cercanía, a conversa, os consellos sobre como cociñar o peixe, como conservalo... Polo tanto, dende a parte que lle corresponde a Zlick na peixaría, que é a impresión das imaxes á venda, pretendemos que os peixeiros-fotógrafos poidan ofrecer a maior calidade posible aos seus clientes. Para iso poñemos ao seu dispor os nosos coñecementos sobre como tratar o "produto".

Asegurando unha xestión correcta da cor e ofertándolles soportes 100% algodón e a tecnoloxía de impresión máis avanzada, que proporcionan una durabilidade e calidade óptimas para o seu "peixe". Pois o comercio tradicional, como ben demostran cada día as nosas praceiras, non está rifado co uso dos últimos avances ao seu dispor. Na praza, hoxe, úsanse e impleméntase normas de conservación e xestión da calidade ben distintas ás de hai anos, pero o produto, porén, non perdeu nada da súa frescura e segue a ser o bo ollo á hora de escoller o peixe o que nos leva a praza todos os días…

Así, nós, deixamos para os fotográfos-peixeiros a conversa, os consellos, as historias e principalmente o bo ollo ao pescar, e esperamos que eles e os seus clientes disfruten dun produto da mellor calidade a prezos asequibles.

Gimena Berenguer e Marcos Ferreiro
Responsables da Impresión e Montaxe